Monday 06 de May de 2024

O Concello de Brión organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre de 350 horas lectivas


O Concello de Brión organiza un curso de monitor de actividades de tempo libre de 350 horas lectivas (140 presenciais en Brión, 60 teóricas dende a casa e 150 prácticas). Un curso que terá un custo de 200 euros (150 euros no caso de persoas desempregadas) e cuxas inscricións estarán abertas ata as 14:00 horas do 30 de outubro no correo electrónico actividadesbrion@gmail.com .
As clases teóricas terán lugar entre o 14 de novembro e o 10 de abril de 2021. Durante os meses de novembro e decembro as sesións serán telemáticas, mentres que as clases teóricas presenciais empezarán a impartirse en xaneiro na aula de formación do espazo colaborativo Transformando en Brión todos os sábados, en horario de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. O alumnado participante terá ata o 10 de abril de 2023 para cumprir coas 150 horas prácticas.
Para participar no curso é preciso ter cumprido os 18 anos de idade e estar en posesión do graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente. A formación incluirá módulos de psicoloxía, socioloxía, metodoloxía educativa, lexislación, prevención de drogodependencias, educación sexual, seguridade e hixiene nas actividades de tempo libre….